Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Praza Maior

A Alcaldía do Concello de Ourense decretou un reparto de competencias das áreas de goberno, en virtude do que, desde o mércores, 24 de febreiro, parte das áreas asumidas por Telmo Ucha serán asumidas temporalmente por Armando Ojea e pola Alcaldía.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá con tres asociacións do barrio da Ponte -As Termas, Vía Vella e Andén Primeiro- para abordar os asuntos expostos pola veciñanza o pasado Nadal nunha caixa de correo dos desexos instalada na vella máquina do tren, entre eles, a propia restauración da locomotora.

Xunta de portavoces

Os voceiros dos grupos políticos representados no Concello de Ourense reuníronse esta mañá no salón de plenos para abordar a adaptación dos servizos municipais ás normas adoptadas pola Xunta de Galicia no DOG do 26 de xaneiro para reducir ao mínimo o risco de contaxios á vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, comprometeu esta mañá unha axuda de 50.000 euros para a nova sede da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Fíxoo no transcurso dunha reunión coa directiva da AECC, representada pola súa presidenta, María Isidora Gómez Segade, e Alberto de Paula, cos que tivo a oportunidade de coñecer os detalles do traslado da súa sede á rúa de Doutor Marañón.

Retransmisión do pleno

Desde as 9:00 horas celébrase no Auditorio o pleno ordinario do Concello de Ourense correspondente ao mes de xaneiro de 2021.

Pódelo seguir en directo a través da canle de vídeos do Concello de Ourense en YouTube, nesta ligazón: Pleno 080121

DOCUMENTACIÓN

O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Ourense mellora as súas dotacións coa adquisición de equipos de rescate e de dous vehículos de última xeración. A xunta de goberno aprobou a adxudicación deste material, que suma 559.219,25 euros, na sesión celebrada esta mañá.

As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas mañá, xoves, día 24 de decembro, e o vindeiro xoves, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo regulador das condicións de traballo para o persoal do Concello de Ourense.

O Rexistro Xeral atenderá ó público eses dous días, de 9:30 a 13:00 horas, na planta baixa da Casa do Concello, na Praza Maior.

Esta mañá Concello e sindicatos chegaron a un acordo global sobre o proxecto de ordenanza do teletraballo co cal se dá por pechada a negociación neste ámbito e se continuará co trámite para levala a pleno para a súa aprobación o antes posible.

Casa do Concello

As dependencias administrativas do Concello de Ourense estará pechadas o xoves, día 24 de decembro, e o xoves, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo regulador das condicións de traballo para o persoal do Concello de Ourense. 

O Rexistro Xeral atenderá o público eses dous días, de 9:30 a 13:00 horas, na planta baixa da Casa do Concello, na Praza Maior.

A xunta de goberno local aprobou no día de onte un total de 26 asuntos presentados polas diferentes áreas e servizos municipais

Licenzas (5). Concedéronse licenzas para o proxecto básico e de execución da construción dun edificio de vivendas na rúa do Paseo, dúas licenzas para segregar fincas e emendouse un acordo da xunta de gobermno do día 12 de novembro (para corrixir a superficie dun local). Tamén déuselle luz verde á demolición dun edificio emprazado entre as rúas Avenida de Bos Aires e Catro Camiños.

Aperturas (1). Concédeselle licenza de obra á Fundación San Rosendo para o proxecto de reforma dunha vivenda e posterior uso como vivenda comunitaria na praza de Bispo Cesáreo.

Disciplina Urbanística (1). No expediente de reposición da legalidade urbanística sobre o edificio da Avenida de Pontevedra 13, adóptanse dous acordos: Por unha banda, ratifícase o acordo da xunta de goberno local de 27 de agosto de 2020 de dar cumprimento ás sentenzas xudiciais sobre este edificio e, por outra, apróbanse as liquidacións resultantes da cota de propiedade que lle corresponde a cada un dos propietarios.

Xestión urbanística (1). Desestimar unha solicitude de devolución da fianza depositada para un proxecto de urbanización.

Patrimonio (6). A xunta local abordou a situación do edificio do Colexio María Goretti, na rúa da Liberdade 26, que fora adquirido polo Concello nunha compravenda que posteriormente foi recurrida por un copropietario que non fora incluído na operación e anulada por sentenza xudicial. Neste caso, tras analizar as posibilidades existentes, a xunta local acorda non impugnar o contrato de compravenda ante a xurisdición civil “ante as dúbidas xurídicas, dificultades e custas procesuais” expostas nos informes xurídicos. O goberno municipal pretende adquirir o inmoble na súa totalidade.

Por outro lado, déronse por desistidas dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial: polos danos nun vehículo provocados pola póla dunha árbore no parque Barbaña e por danos causados nun vehículo, e desestimáronse outras 3 por lesións sufridas como consecuencia dunha caída no Museo de Allariz; polo roubo das pertenzas persoais nas dependencias municipais de Bispo Carrascosa e por danos ocasionados pola choiva nun posto da feira medieval.

Contratación (3). Recoñeceuse unha indemnización por importe de 10.730,30 euros en favor da Asociación Ourensana de Discapacitados Físicos, Parálisis Cerebral y Tercera Edad Dependiente Aixiña pola suspensión do contrato do servizo de Centro de Día para persoas maiores dependentes do Concello de Ourense. O motivo, a imposibilidade de execución do contrato do servizo como consecuencia da situación orixinada polo COVID-19.

Ademais, acordouse a reanudación da actividade do contrato de servizos de xestión de visitantes, apertura, atención ao publico, vixilancia, custodia e servizos complementarios da planta baixa da antiga sede do Banco de España e do claustro de San Francisco.

Neste sentido, aprobouse o aboamento das cantidades reclamadas pola adxudicataria do contrato polos meses que estivo suspendido o contrato como consecuencia da declaración do estado de alarma. En total, 4,981,52 euros.

Servizos Xerais (1). Rectifícase un acordo de xunta de goberno previo no sentido de aprobar e dispoñer o gasto en favor da entidade mercantil propietaria do local onde se aloxan as agrupacións sindicais do Concello de Ourense (rúa Arcediagos 3) por importe de 2.787,70 euros.

Avogacía consistorial (7). Catro sentenzas e tres comparecencias.

A sección primeira da Audiencia Provincial ditou sentenza na que determina a titulariedade dun terreos en favor de varios particulares, sen prexuízo da servidume de paso a favor doutros veciños e da servidume de acueduto a favor da Confederación Hidrográfica do Mino Sil e da servidume legal de augas.

Coñecéronse tamén tres sentenzas do xulgado Contencioso – Administrativo. A primeira estima o recurso interposto por unha particular contra a resolución do Tribunal Económico Administrativo ordenando a devolución de 3.117,74 euros.

A segunda estima parcialmente un recurso interposto por un traballador municipal nun litixio por diferenzas salariais ao desenvolver funcións de superior categoría á que ten asignada.
Finalmente, estímase un recurso interposto por un particular á que se lle anula unha sanción de tráfico de 80 euros por non ser conforme a Dereito.
En canto ás comparecencias, o Concello deberá presentarse como acusado nun proceso iniciado por unha particular que reclama contra a desestimación dunha responsabilidade patrimonial polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída na praza de San Antonio.

Ademais, e en calidade de prexudicado, asistirá ao xulgado para senllos procedementos pola comisión de delitos contra a seguridade do tráfico e danos en bens de titularidade municipal: o primeiro polos danos producidos nun semáforo, sinal de tráfico e colector do lixo, e o segundo polos polos danos producidos nun sinal de tráfico.