Indicadores de Transparencia
Regulamento Orgánico do Goberno e Organización do Pleno e a Comisión de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense
A modificación do Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno e da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións foi publicada o 1 de febreiro de 2020 no Boletín Oficial da Provincia.
O Capítulo III ''Das incompatibilidades e rexistro de intereses'' dice, , no seu artigo 18:
- Sempre que se produza algunha variación respecto do declarado deberá formularse unha declaración adicional no prazo dun mes dende o día no que se produxo, expresando as alteracións feitas.
- O prazo de presentacións das declaracións con ocasión do cese da Corporación será a partir do momento no que expire o mandato corporativo ata a data na que os concelleiros cesen no exercicio das súas funcións para a administración ordinaria. No suposto de renuncia dende a data de presentación do correspondente escrito ata que o Pleno municipal coñeza a mesma e declare vacante. Nos casos de perda da condición de concelleiro por decisión xudicial ou incompatibilidade, dende que se notifique ao interesado a resolución correspondente ata que a Corporación declare vacante.
- O prazo de presentación anual coincidirá co prazo de presentación da declaración do Imposto sobre a Renda.
- As declaracións publicaranse anualmente, durante a segunda quincena do mes de xullo.
- En aras da transparencia municipal publícase a seguinte información para o coñecemento dos cidadáns:
- As bases de execución do orzamento municipal no que figure:
- As retribucións dos membros da corporación (Alcalde, concelleiros, membros non electos da Xunta de Goberno Local e Directores Xerais.
- As indemnizacións en concepto de asistencias a órganos colexiados (Pleno, Xunta de Goberno Local, comisións de Pleno e Xuntas de Área)
- Dotacións económicas asignadas a cada grupo municipal.
- A relación de todos os postos de persoal eventual coa indicación da súa adscripción.
E en virtude deste artigo e en aras da transparencia municipal ponse en coñecemento e aos efectos oportunos o seguinte:
- Retribucións dos membros da Corporación Municipal.
- Indemnizacións por asistencia a órganos colexiados (pdf). (Artigo 40 das Bases de execución do Orzamento 2012)
- Dotacións económicas aos grupos municipais (Artigo 41 das Bases de execución do Orzamento 2012)
- Relación dos postos de persoal eventual.
- Declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poida proporcionar ingresos económicos e declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais.