O Concello de Ourense deu por rematada a concesión de explotación de mobiliario urbano publicitario (mupis) e eliminará as máis de 120 pezas que se atopan instaladas nas rúas, parques e prazas da cidade. O pasado sábado, 21 de novembro, rematou a concesión outorgada en 2016 a unha empresa para explotar publicitariamente estes elementos e o Concello, tal e como anunciara o alcalde no mes de maio, non a renovará.
O Concello de Ourense desenvolverá a campaña informativa “Saúde e Protección Escolar Covid-19”. É unha iniciativa da Concellería de Educación dirixida a promocionar a saúde e resolver as dúbidas do alumnado de Educación Primaria e 1 º e 2º do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) sobre a pandemia e o correcto uso das medidas de prevención e hixiene establecidas no protocolo escolar Covid 19.
O Concello de Ourense remodelará e humanizará a contorna do pavillón de Oira cun investimento de 358.992,42 euros. A xunta de goberno local aprobou na súa sesión o expediente para contratar a execución das obras, mediante procedemento aberto simplificado.
O Concello de Ourense aprobou a convocatoria e as bases xerais e específicas reguladoras para elaborar unha lista de persoas interesadas en participar no proceso de selección dun funcionario interino para cubrir o posto de médico psiquiatra da unidade asistencial de drogodependencias.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentoulles esta mañá o Centro de Intelixencia Artificial (c.IA) aos grupos municipais con representación no pleno do Concello. Á cita acudiron Xosé Rúas, polo PsdeG-PSOE e José Araújo, en representación de Ciudadanos -e promotor desta sesión informativa-.
O Concello de Ourense, dende a Concellería de Infraestruturas promove a execución da obra de rehabilitación de pavimento na rúa Pena Nofre, cuxo orzamento é de 18.123,62 €. A actuación consistirá na reposición do firme existente mediante a colocación de empedrado de granito nunha superficie aproximada duns 234 m² e a reposición da sinalización horizontal.
O Concello de Ourense resolveu a convocatoria para a concesión de subvencións en especie para libros de texto, material escolar e comedores escolares correspondentes ao curso 2020-2021.
As xuntas de área do Concello de Ourense retomará a súa actividade esta semana. Será, concretamente o xoves, día 19 de novembro, cando se celebrarán as 5 xuntas de área, unha cada hora, desde as 9:00 horas.
O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades.
O Concello de Ourense iniciará esta semana as obras de rehabilitación de firme en dúas rúas do barrio de Vistafermosa. Trátase das rúas Arco da Vella, cuxo comezo de obras está previsto para mañá, martes, 17 de novembro, e Entroido, cuxo comezo está previsto para este mércores, 18 de novembro.
O Concello de Ourense decretou xa, a día de hoxe, o pago de 1 millón de euros en axudas a autónomos. Son as primeiras 500 axudas que se conceden desta convocatoria. A día de hoxe están tramitadas, aprobadas e decretado o seu pago, que se producirá nos próximos días
Na xunta de goberno local celebrada esta semana aprobáronse os expedientes para contratar seis proxectos de execución de obras en diferentes barrios da cidade, cos seus correspondentes pregos de condicións económico-administrativas, por un importe total de 1.591.533,33 euros
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza celebrada na mañá de onte o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de mantemento e mellora das zonas verdes públicas da cidade. A el destinará unha achega de case 1,9 millóns de euros anuais, coa finalidade de acadar unha importante mellora do servizo, que incorporará 12 persoas e dúas brigadas de intervención rápida.
O Concello de Ourense construirá no barrio da Ponte o parque público urbano máis grande da cidade, dotado con piscinas, zonas deportivas e espazos de lecer para persoas de todas as idades. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro Telmo Ucha e o arquitecto Luis Pérez de Juan presentaron esta mañá no Concello o anteproxecto das obras, que o Concello prevé licitar o próximo mes de xaneiro.
Os autobuses urbanos do Concello de Ourense adoptarán as últimas medidas dispostas pola Xunta de Galicia na Orde do 9 de novembro -que modifica a do día 4- en materia de medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución do COVID-19.
O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades.
O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Máis información na web de Cultura do Concello
Comunícaselle á cidadanía que, por responsabilidade institucional e tendo en conta a situación derivada da covid-19 pola que estamos a atravesar, este ano non se levarán a cabo actividades conmemorativas o 25 de Novembro, con motivo do Día Internacinal para a eliminación da violencia exercida contra as mulleres, no entorno comunitario para evitar exposicións innecesarias a risco de infección.
O centro de Intelixencia Artificial (c.IA) do Concello de Ourense analizará, dentro do seu ciclo 'Os venres coa IA', a aplicación das técnicas ao mundo da empresa. Será no relatorio "Experiencias de transferencia de técnicas de IA a la empresa", a cargo do doutor Anselmo Peñas Padilla, catedrático do Departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UNED.
O Concello de Ourense iniciou esta fin de semana as retransmisións de partidos dos equipos da cidade a través da canle municipal en Youtube. A primeira das citas foi o partido que Fútbol Sala Ourense e O Esteo F.S. desputaron onte a porta pechada no Pazo dos Deportes Paco Paz.
O Concello de Ourense reactivará as xuntas de área o martes, día 17 de novembro. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen asegura que “todo está en marcha” para que volvan celebrarse as xuntanzas, contando coa participación dos representantes designados por todos os partidos municipais.