O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acordou cancelar todos os eventos que o Concello estaba a organizar para os meses de outubro e de novembro. Aínda que sexan tecnicamente viables, o rexedor dálle prioridade ás recomendacións sanitarias para evitar a expansión da COVID19.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou os grupos políticos con representación no Concello a unha xuntanza para avanzar na aprobación do novo Plan de Urbanismo. A xuntanza celebrarase o vindeiro luns 5 de outubro ás 12:00 horas no salón de plenos.
O Claustro de San Francisco abrirá, desde hoxe, no horario de inverno. Un cambio habitual nos últimos anos para adaptarse ás horas de luz.
A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia este luns, 28 de setembro, os traballos de acondicionamento e mellora dun noiro (*) na rúa J, do barrio de Seixalbo.
Lorena Conde é a gañadora da 36ª edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que convoca o Concello.
A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá as bases reguladoras e a convocatoria de axudas dirixidas ás persoas autónomas para impulsar a actividade económica en Ourense e paliar os efectos da COVID-19. O Concello dota a convocatoria cun orzamento total de 20 millóns de euros e prevé axudas de 2.000 euros por persoa beneficiaria.
A exposición 'O significado de NÓS' instálase desde mañá, venres 25 de setembro, no primeiro tramo da rúa do Paseo -desde os xardíns do Padre Feijóo até o cruzamento coa rúa Alejandro Outeiriño- para dar a coñecer o significado da Xeración NÓS para Ourense.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, participou esta mañá na xuntanza da mesa de contratación encargada de adxudicar as programacións de actividades que desenvolverá o Concello nos centros cívicos, dirixidas á cativada e persoas adultas, e do programa de cursos e obradoiros de envellecemento activo, dirixidas ás persoas maiores.
A Xunta de Galicia amplía a área con especiais restricións na cidade de Ourense.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou este mediodía o decreto no que nomea como membros da Xunta de Goberno Local os concelleiros Armando Ojea Bouzo e Telmo Manuel Ucha Álvarez, logo da toma de posesión deste último no pleno desta mañá.
O pleno do Concello de Ourense aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos, en sesión extraordinaria celebrada no salón de Plenos da Deputación, unha modificación orzamentaria -número 14p/2020- por importe de 1.514.372,38 euros.
O Concello de Ourense abre unha convocatoria para elaborar unha listaxe de traballadores sociais interesados en posibles nomeamentos como funcionarios interinos do Concello
O Concello de Ourense organizará un total de 140 cursos e actividades formativas dentro do programa Universidade Popular 2020/2021, que desenvolve a Área de Educación.
O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, recibiu esta mañá na Subdelegación do Goberno un paquete de 26.500 unidades de equipos de protección individual entregados polo Goberno de España e pola FEMP para facer fronte á crise sanitaria producida pola COVID-19.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, proporalle ao Pleno do Concello a adquisición dun edificio na Praza do Trigo -número 3, na esquina coa rúa San Quintín- para reforzar o funcionamento dos servizos municipais.
O Concello de Ourense rematou a execución das obras de acondicionamento do firme da rúa de Francisco de Moure, unha das principais vías do barrio do Couto.
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia eleva as restricións específicas en catro rúas da cidade de Ourense: Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal (no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Ervedelo e o cruzamento coa rúa Irmáns Xesta.
▶️ Limita as reunións privadas ata un máximo de 5 persoas
▶️ Prohibe que bares e cafeterías poidan servir no interior,
▶️ Atención de grupos de 5 persoas como máximo nas terrazas.
▶️ Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.
DOCUMENTACIÓN
O Centro de Intelixencia Artificial conta desde hoxe cos seus dous primeiros enxeñeiros informáticos. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu esta mañá a toma de posesión de Édgar Figueiras e de Ignacio Abadín, dous científicos ourensáns.
A contratación da iluminación de Nadal, cun orzamento de máis de 350.000 euros, e o mantemento de infraestruturas viarias da cidade, por importe de 3,3 millóns para os vindeiros dous anos, deron un paso adiante esta mañá coa celebración da xuntanza da mesa de contratación do Concello, na que participou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, comezará este martes, 15 de setembro, as obras de acondicionamento de firme en varias rúas do barrio da Carballeira: Martínez Sueiro, Nicomedes Pastor Díaz e Castelo Ramiro. As actuacións centraranse no fresado e reposición de firme, e teñen un orzamento de 47.993,13 € e un prazo de execución de catro días.