O Concello de Ourense vén de recoller, nun acto celebrado no Palacio da Magdalena de Santander, o certificado de boas prácticas entregado polo comité español de Unicef pola iniciativa do Programa de actividades infantís de educación ambiental que desenvolve o Botánico de Montealegre.
A Concellería de Sanidade organiza un curso de manipulación de alimentos que terán lugar o 8 de decembro e para o que é necesario inscrición previa na Concellería. De acordo á definición establecida pola Ley, un manipulador de alimentos é "aquela persoa que pola súa actividade laboral ten contacto direto cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, suministro e servizo".
O sorteo público celebrarase o día 21 novembro do 2016, ás 11:00 h no salón de Plenos, en base o artigo 11 das Bases Reguladoras do procedemento para o outorgamento de autorizacións de uso de hortos municipais no parque de Montealegre e en Mariñamansa. Neste acto elixiranse os hortos por orde do sorteo, polo tanto é necesario asistir ao acto ou estar debidamente representado.
A Concellería de Sanidade ten programas distintas actividades co fin de promover a lactancia matena.
Vistas as Bases Reguladoras do procedemento para o outorgamento de autorizacións de uso de hortos municipais no parque de Montealegre e en Mariñamansa, procédese a comunicar os nomes dos admitidos para a utilización dos hortos e dos excluídos e os motivos polos que quedaron fora.
A Agrupación de Concellos de Ourense (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense), como Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social integrada na Rede Eusumo, organizaron durante todo o mes de setembro o programa OURENSE COOPERATIVA, un proxecto enfocado a impulsar a economía social no ámbito territorial destes municipios co gallo de conseguir un salto cuantitativo na súa capacidade para xerar e ficar emprego de calidade.
Nesta actividade pretendese instruir aos participantes de maneira práctica e teórica en todos os coñecementos necesarios para que eles poidan crear e editar contido 360º, xerar ás súas propias fotos e vídeos inmersivos 360º coa axuda do seu móbil e de tecnoloxía especializada (cámara 360º e cámara DSRL)
O Concello de Ourense anunciou hoxe a posta en marcha dun Programa Local de Apoio ao Emprego (PLAE), coa colaboración da Cámara de Comercio e financiado co Fondo Social Europeo.
O Concello de Ourense reforzará con campañas de sensibilización e concienciación a situación da Protectora de Gatos e Cans de Ourense, incidindo especialmente na necesidade de adoptar animais e fomentar o apadrinamento.
O Concello de Ourense e a Deputación Provincial manterán unha fluida colaboración institucional, tal e como manifestaron esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente provincial, Manuel Baltar, na sala de xuntas da institución provincial.
A limpeza dos cauces e marxes dos ríos de Ourense que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) en colaboración co Concello de Ourense chega ao río Barbaña.
O Concello de Ourense vén de realizar traballos de desbroce e limpeza de máis de 100.000 metros cadrados de terreos nos diferentes núcleos rurais da cidade.
O Concello de Ourense reforzará este ano o apoio ás actividades que desenvolven as asociacións de veciños da cidade a través da súa convocatoria de subvencións para o presente ano 2015.