A primeira edición do Premio NÓS de relatos, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense e dotado con 3.000 euros, xa ten gañador. A honra correspóndelle a Francisco Rozados Rivas, co seu relato A miña vila, “un relato costumista que nos fala de personaxes senlleiras dunha vila”
A Concellería de Infraestruturas iniciará este xoves as obras de acondicionamento da rede viaria nas rúas Castro Canseco, Mateo de Prado e Xoán Pérez Villaamil, na fronteira entre os barrios do Couto e de Vistafermosa. A superficie de actuación alcanza as 2.997,30 m2 e un investimento de 48.105,04 euros.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, agradece a colaboración da veciñanza de Ourense e de todos os profesionais que fixeron posible que a chegada de La Vuelta Ciclista a Ourense fose un éxito, que proxectou a cidade ante centos de miles de espectadores a través dos medios de comunicación.
O Concello realizará obras de mellora e acondicionamento do firme na avenida Pardo de Cela, na rúa da Rabaza e nun tramo de Nosa Señora da Saínza, e na OU-506, até o cemiterio de Velle.
O Concello de Ourense aprobará unha instrución exprés que permita conceder autorizacións aos locais de hostalaría para instalar veladores en vía pública de forma “coherente e xusta, seguindo unhas pautas”.
O Concello de Ourense está a colocar, nas zonas verdes da cidade, un total de 13.500 exemplares de plantas de inverno coincidindo co cambio de estación.
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Cultura, desenvolverá no mes de novembro as seguintes actividades no Auditorio Municipal.
O Concello de Ourense traballa na volta á normalidade dos centros cívicos como lugares de encontro, relación e cooperación coa cidadanía.
A Concellería de Asuntos Sociais pon en marcha unha nova edición do programa de Envellecemento Activo, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Ourense.
A Policía Local informa das restricións de estacionamento e circulación pola chegada de laVuelta a Ourense.
O arqueólogo, prehistoriador, fundador da Revista Nós e do Partido Galeguista, Florentino López Cuevillas (1886-1958)] recibiu hoxe, no día do centenario da Revista Nós, a homenaxe da cidade de Ourense cunha placa na casa na que viviu e traballou, na rúa de Santo Domingo.
O campo municipal de hóckey de Mariñamansa lucirá nova faciana. O Consello Municipal de Deportes (CMD) aprobou, na reunión do seu Consello Reitor, a contratación da "Execución da substitución de céspede e obras complementarias no campo de hóckey herba de Mariñamansa", unha intervención que contará cun orzamento de 473.226,70 euros e 3 meses de prazo de execución.
As Concellerías de Asuntos Sociais e Seguridade Cidadá do Concello de Ourense están a realizar un censo de persoas sen teito na cidade. Un traballo que espera ter rematado a próxima semana e ten como finalidade “axudarlles o máximo posible".
A xunta de goberno local aprobou, na sesión celebrada esta mañá, un convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a asociación protectora de animais de Ourense, Progape, para a xestión do refuxio de animais abandonados, a recollida de animais abandonados ou errantes e o seu traslado ás instalacións do refuxio.
O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense bota a andar co reto de achegarlles beneficios socioeconómicos á cidade e á súa contorna, como centro tecnolóxico de excelencia enfocado a aplicacións viables da intelixencia artificial no mundo real.
O Concello abre ao público, na sala Valente, a exposición 'Os caprichos espidos', de Xosé Poldras (A Coruña, 1969), unha colección que combina unha parte artística, de creación orixinal, e outra divulgativa, referida á carpeta dos famosos gravados de Francisco de Goya.
O Concello de Ourense restaurará e porá en valor o cruceiro do Outo do Cumial.
“Que ningún neno da cidade quede sen facer deporte por motivos económicos”. Ese é o obxectivo que se marca o alcalde de Ourense logo de coñecer a través de diferentes equipos deportivos da cidade que un número cada vez maior de familias non lles poden facer fronte ás cotas necesarias para que nenos e nenas se formen como deportistas e tomen parte nas competicións.
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, iniciará este mércores, 28 de outubro, as obras de acondicionamento de firme das rúas Xoán de Novoa e Bierzo.
A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon a disposición da comunidade educativa a súa programación de actividades formativas para o novo curso 2020/2021.