O xurado do XV Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades recaeu nas profesionais dos servizos de axuda no fogar (SAF), ao entender o xurado que reflicten dun xeito singular os traballos de coidados. “Se algo puxo especialmente en evidencia durante o confinamento imposto despois da declaración do estado de alarma”, recolle a acta, “foi precisamente a crise dos coidados e a necesidade urxente de situalos no centro das políticas públicas”.
O Consello Municipal de Deportes (CMD) do Concello de Ourense abre desde o martes, 2 de marzo, o período de inscrición nas listaxes de contratación de persoal Técnico de Administración Xeral.
O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense reinicia os seminarios do seu programa "Os venres con IA", en colaboración coa UNED.
O Concello de Ourense acometerá este ano un paquete de actuacións para a posta en valor do paseo fluvial do río Miño, coa finalidade de mellorar as condicións de uso para a veciñanza como grande zona de lecer da cidade. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que o Concello quere potenciar este espazo público con actuacións que incluirán tanto a mellora de firmes, o valado, o mobiliario urbano e os aseos, así como o reforzo da presenza policial na zona. Será unha actuación, explica, a curto prazo mentres o Concello segue traballando co Colexio de Arquitectos na convocatoria dun concurso público para recoller propostas para acometer unha actuación “de calado” para a mellora do paseo fluvial.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome destaca o extraordinario valor do paseo do río Miño: “En Ourense temos unha auténtica xoia, o paseo do río Miño que é o gran parque de Ourense, de 12,3 km de extensión, que cada vez colle máis forza porque a xente se da conta da xoia que é”. Por este motivo, asegura, a súa posta en valor é un “obxectivo prioritario” para o goberno municipal.
Con este obxectivo, lembra que “está en marcha un concurso co colexio de arquitectos para realizar unhas obras dun calado importantísimo” para a posta en valor deste espazo. Na actualidade, en fase dunha entrevista coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para traballar de forma coordinada coa fin de que “as obras que se propoñan no concurso de proxectos se adecúen á viabilidade e se enmarquen dentro o que permita a Confederación”.
Mais, xa a curto prazo, o Concello pretende avanzar na mellora das condicións de desfrute desta zona: “Mentres tanto, imos adecentar e poñer máis en valor o que temos agora mesmo, mellorar todo o mobiliario que hai no paseo, coidar moito máis as zonas verdes, optimizar o valado, abrir outra vez os baños de Reza e o Muíño, renovar o firme naquelas zonas onde se poidan producir embarrados, e poñer policía de forma permanente para que durante todo o día haxa sempre unha patrulla vixiando o noso gran parque”. Todo isto, co obxectivo de “que teña moitísima mellor cara e se desfrute moito máis”, asegura Pérez Jácome.
O Concello abre hoxe o período voluntario para o pago do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), que permanecerá aberto até o 5 de maio de 2021.
Poderase facer mediante ingreso en calquera oficina das entidades financeiras colaboradoras (Abanca, Caixabank, Bbva, Banco Sabadell, Unicaja e Banco Santander) en horario de atención ao público, mediante tarxeta nun caixeiro da entidade financeira Abanca, ou a través de internet, mediante cargo en conta online naquelas entidades financeiras colaboradoras. O recibo emitido pola entidade financeira constituirá o xustificante de pago.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, as débedas esixiranse polo procedemento de recargos no período executivo.
Desde o Concello de Ourense recoméndase o pago mediante domiciliación bancaria do devandito imposto.
Máis de 70.000 vehículos. O padrón fiscal relativo ao Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica correspondente ao exercicio 2021 abrangue 72.407 recibos, dos cales 17.836 están exentos. Así, son 54.571 os contribuíntes con obriga de pago, o que reverterá nas arcas municipais un total de 4.789.204,79 euros.
O Concello de Ourense reabre a convocatoria para a creación dun listado de interesados/as para a selección de persoal funcionario interino de educador/a social para o Centro de Información Municipal da Muller.
Por decreto número 202100289 de Concellería Delegada de Recursos Humanos de 15 de xaneiro de 2021 aprobouse a estimación parcial dun recurso de reposición no relativo a falta de publicación nun dos diarios de maior difusión da provincia, da convocatoria para a creación dun listado de interesados para selección de persoal de Educador Social para o Centro de Información Municipal da Muller funcionario interino do Concello de Ourense polo que se publica o presente anuncio.
De conformidade coa devandita resolución desde a data da de hoxe computarase o prazo de 10 días para presentar novas instancias.
As solicitudes para participar no proceso selectivo dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Ourense, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense o en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os e as interesadas que xa realizasen a solicitude non terán que volver presentala. Si rematado o prazo establecido na publicación, non se presentara ningunha nova solicitude, terase por rematado o procedemento e a lista terá carácter definitivo.
No caso de que si existan nova ou novas solicitudes, procederase a súa valoración polo Tribunal coas mesmas bases e criterios aplicados con anterioridade, pero tendo en conta como data límite dos méritos alegados, o día 25 de marzo de 2019 data na que rematou o prazo de presentación de instancias na primeira convocatoria.
Os criterios de selección consistira na valoración de méritos, conforme co especificado nas bases as bases encóntranse publicadas na páxina WEB municipal:
Os grupos políticos municipais decidirán o martes día 9 de marzo cal será a fórmula de adquisición de novos vehículos para o servizo de transporte urbano para o Concello de Ourense.
O Concello de Ourense comezou hoxe as obras de conservación e mantemento das infraestruturas viarias municipais con diversas actuacións na rúa Luís Trabazos, no barrio das Lagoas.
O Pavillón de Deportes de Os Remedios volverá abrir as súas portas a partir do vindeiro luns, 1 de marzo, adaptando o seu aforo ao 30% que autoriza a nova normativa sanitaria,
O Concello de Ourense aprobou, en xunta de goberno local, un informe no que declara que a ampliación do CHUO é un “proxecto público de urxencia ou especial interese”.
A Alcaldía do Concello de Ourense decretou un reparto de competencias das áreas de goberno, en virtude do que, desde o mércores, 24 de febreiro, parte das áreas asumidas por Telmo Ucha serán asumidas temporalmente por Armando Ojea e pola Alcaldía.
O campo de hóckey de Mariñamansa será a sede da Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14, tanto masculino como feminino, que terá lugar do 26 ao 28 de febreiro.
O Concello de Ourense abriu o prazo para presentar traballos para os premios Risco de Creación Literaria e Poesía Cidade de Ourense, na súa edición de 2021.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta mañá as obras de acondicionamento dun parque infantil, executadas polo Concello na localidade de Vilar de Astrés. Con esta actuación, a veciñanza dispón dun novo espazo de lecer, moi demandado, nas proximidades do local da asociación veciñal, nuns terreos municipais que se atopaban sen uso. O proxecto, cun orzamento de 48.392,16 euros dota unha nova área infantil de 398 metros cadrados de superficie, con pavimento de caucho absorbedor de impactos, dotada con diferentes elementos para o lecer da cativada, máis de 35 nenos e nenas.
A zona conta cunha tirolina de madeira de 25 metros, unha maxitorre de dúas alturas cunha randeeira (columpio) mixta, 3 balancíns, un con forma de tucán, outro con motivos relacionados co fútbol e outro con forma de elefante e unha torre barco cun panel de xogos e dous temóns. Completan o conxunto unha casiña infantil e unha pirámide de trepa, de 3,50 metros de altura fabricada con corda anti-vandálica e conectores de aluminio, situada sobre un areeiro de 55 m2 .
Tamén na localidade de Vilar de Astrés, o Concello realizou obras de acondicionamento e mellora da Praza de Vilar, un espazo municipal situado no inicio do núcleo de Vilar de Astrés, que dá acceso a vivendas unifamiliares na zona desde a OU-5026. A actuación consistiu en delimitar e pavimentar espazos peonís e de circulación rodada, coa finalidade de humanizar os espazos e mellorar a pavimentación, xunto coa mellora e adecentamento do acceso á fonte lavadoiro público situado na parte inferior. Tamén se instalaron novos bancos. O proxecto neste caso tiña un orzamento de 34.926,75€.
Na mesma zona, o Concello executou un terceiro proxecto, consistente na rexeneración de firme na estrada que dá acceso ao núcleo de Sartédigos, cun investimento de 48.132,88 euros. Neste caso, o obxectivo foi mellorar a vía que dá acceso a este núcleo desde a estrada OU-0526 para facilitar o acceso aos seus domicilios dos habitantes da zona.
Con motivo desta visita, o alcalde achegouse tamén até as obras que se están realizando tanto no punto limpo de Vilar de Astrés como na ampliación e mellora das instalacións da canceira municipal.
As tres obras forman parte do plan de investimentos no perímetro rural +RURAL do Concello de Ourense.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá con tres asociacións do barrio da Ponte -As Termas, Vía Vella e Andén Primeiro- para abordar os asuntos expostos pola veciñanza o pasado Nadal nunha caixa de correo dos desexos instalada na vella máquina do tren, entre eles, a propia restauración da locomotora.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, foi recibido esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, para tratar unha axenda de temas importantes para as dúas administracións.
A cidade de Ourense contará cun novo e céntrico espazo para o lecer dos cidadáns: estará emprazado entre o Parque de San Lázaro -e servirá como continuación deste-, fronte á Subdelegación do Goberno.
O Concello iniciará este mércores, 17 de febreiro, as obras de acondicionamento e reparación do Punto Limpo das Eiroás, na estrada de Vilar de Astrés, co obxectivo de reforzar o control da separación e reciclaxe de residuos, e para facilitarlle á cidadanía o fomento destas prácticas.
A reconstrución das Termas da Chavasqueira podería ser autorizada no próximo mes de xuño. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, mantiveron unha xuntanza esta mañá a través de videoconferencia para avanzar en diferentes proxectos que ambas entidades teñen en marcha na cidade.
O Concello de Ourense convoca unha nova edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, un certame, que organiza a Concellería de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero. Malia as restricións existentes na actualidade como consecuencia da pandemia da COVID-19, o goberno municipal decidiu manter esta convocatoria, adaptándoa a este novo escenario.