Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Actualización 26/02/2021. A Xunta de Galicia anuncia un descenso gradual e paulatino das medidas sanitarias en Galicia desde este venres, 26 de febreiro, suxeito á evolución epidemiolóxica de cada territorio.

Así, e como regra xeral en toda Galicia:

  • Poderán volver a abrir os centros comerciais durante as fines de semana.

  • O luns, 1 de marzo, volverán as clases presenciais nas universidades.

No caso de Ourense, que se atopa no terceiro nivel de alerta -no dos concellos cunha incidencia inferior a 250 casos por 100.000 habitantes-, permitiranse:

  • As reunións de non conviventes, ata un máximo de 4 persoas.

  • Poderá abrir a hostalería coa limitación interior do 30% e do 50% nas terrazas, coas barras pechadas e ata as 18,00 h, como horario límite para o peche.

  • Estará permitida a mobilidade con aqueles concellos que se atopen no mesmo nivel.

  • No ámbito deportivo, permitiráselles aos grupos de ata 4 persoas non conviventes a práctica deportiva, sempre con máscara; ademais, poderán abrir as instalacións deportivas, ximnasios e piscinas, sempre respectando cabidas, distancias, medidas de prevención e co uso permanente da máscara.

DOCUMENTACIÓN