Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

4.390 autónomos da cidade serán beneficiarios das axudas que o Concello de Ourense puxo en marcha para apoiar o colectivo ante a crise provocada pola pandemia da COVID-19. As axudas acadaron unha eficacia do 95,7%, “a porcentaxe de éxito máis alto de toda España”, subliñou en rolda de prensa esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen destaca que as subvencións estaban “ben enfocadas”, eran “moi esperadas” e “sinxelas” de solicitar: o 30% das axudas foron solicitadas o primeiro día, e o 75% en 8 días. A día de hoxe están pagadas xa máis do 80% das axudas.

O rexedor destacou que as axudas, por un importe de 9 millóns de euros, fan de Ourense o Concello que “máis apoio lle deu ao colectivo de autónomos de toda España”, tentando proporcionarlles “un balón de osíxeno” ante a crise.

Quixo destacar tamén, na súa intervención, a eficacia do equipo de traballo do Concello de Ourense: “fomos os primeiros en lanzar esta proposta de axudas liñais”, asegura, “e foi un éxito tremendo: fomos os que máis fixemos en España e demostramos que é posible pasar de ser os peores a ser os mellores”, concluíu o alcalde.

Pérez Jácome fixo balance da campaña de axudas detallando os beneficiarios por áreas xeográficas e sectores, segundo o estudo elaborado pola Área de Promoción Económica do Concello de Ourense. Neste senso, destaca que se outorgaron 3.529 de actividades empresariais, 1.023 de actividades profesionais, 15 actividades artísticas.

Por sector profesional, a maior cifra de axudas corresponde co sector de comercio, hostalaría, hospedaxe e reparacións, con 1.801 axudas, un 40% do total.

Resumo do Estudo sobre o reparto das axudas (.pdf, 4.67Mb)