Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense reinicia os seminarios do seu programa "Os venres con IA", en colaboración coa UNED.

4.390 autónomos da cidade serán beneficiarios das axudas que o Concello de Ourense puxo en marcha para apoiar o colectivo ante a crise provocada pola pandemia da COVID-19.

Geoatlantic

O proxecto GeoAtlantic presenta os seus principais resultados logo de 38 meses de traballo conxunto entre un equipo de 12 socios que representan a un total de cinco países do arco atlántico. Será a través dunha xornada informativa, que se enmarca dentro dos eventos da semana verde Europea, e que contará coa presenza de expertos internacionais do ámbito da enerxía.

O Concello de Ourense e o Colexio de Economistas de Ourense porán en marcha un servizo de asesoramento en diferentes ámbitos -laboral, fiscal, administrativo e financeiro- dirixido á cidadanía, ás persoas autónomas e ás pequenas e medianas empresas de Ourense afectadas pola crise orixinada pola COVID-19.

O Concello de Ourense ingresou esta semana 1 millón de euros nas contas dos beneficiarios das axudas para autónomos afectados pola crise provocada pola pandemia da Covid19. As primeiras 500 persoas beneficiarias das axudas -de máis de 3.500 solicitudes aceptadas- xa dispoñen dos 2.000 euros na conta no momento de maior impacto da crise económica.

O Concello de Ourense iniciou hoxe os pagamentos das axudas que concede este anos aos autónomos da cidade para apoiar a súa actividade, que se viu fortemente afectado pola recesión ocasionada pola pandemia da COVID-19.

O Concello de Ourense completou este mediodía a avaliación das 4.586 solicitudes que autónomos ourensáns presentaron para a convocatoria de subvencións realizada polo Concello para apoiar a súa actividade.

Acta do grupo de traballo mixto entre a entidade Concello de Ourense e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a selección de persoal directivo, docente, apoio e o alumnado–traballador do obradoiro de  Emprego “ROTEIRO TERMAL DO MIÑO”, previstos nos artigos 10 e 11 da Orde do 17 de abril de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 88, do 17 de abril).

DOCUMENTO

ANEXO II: relación definitiva de admitidos e excluídos na valoracion de meritos, segundo o baremo aplicado para a selección do persoal do obradoiro de emprego “ROTEIRO TERMAL DO MIÑO”, entidade promotora: Ourense.

DOCUMENTO

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentoulles esta mañá o Centro de Intelixencia Artificial (c.IA) aos grupos municipais con representación no pleno do Concello. Á cita acudiron Xosé Rúas, polo PsdeG-PSOE e José Araújo, en representación de Ciudadanos -e promotor desta sesión informativa-.

O ciclo de seminarios divulgativos 'Os venres coa Intelixencia Artificial' presenta, este venres 20 de novembro ás 12:00 horas, o relatorio "Solucións curiosas para problemas curiosos. Un camiño aleatorio pola IA", impartido polo director do centro, David Olivieri.