Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Panorámica do río Miño

O Concello de Ourense contratará a un centro especial de emprego os traballos de control da vexetación de crecemento espontáneo e a roza dos espazos públicos da cidade.

Zona de xogos infantís

O Concello de Ourense acomete a renovación integral das áreas de xogos infantís da cidade. O investimento de 1,1 millóns de euros permitirá iniciar as actuacións, cunha primeira fase na que se inclúe a mellora de 19 espazos infantís nos diferentes barrios

Ante a proximidade do verán, e coa finalidade de previr os incendios forestais, o Concello de Ourense lémbralles ás persoas titulares de terreos que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal nos termos que define a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF).

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, visitou na mañá de onte o parque biosaudable do Pino, recentemente reformado. O parque, situado na rúa D, xa está a disposición dos veciños para o seu uso.

O Concello de Ourense acometerá este ano un paquete de actuacións para a posta en valor do paseo fluvial do río Miño, coa finalidade de mellorar as condicións de uso para a veciñanza como grande zona de lecer da cidade.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta mañá as obras de acondicionamento dun parque infantil, executadas polo Concello na localidade de Vilar de Astrés. Con esta actuación, a veciñanza dispón dun novo espazo de lecer, moi demandado, nas proximidades do local da asociación veciñal, nuns terreos municipais que se atopaban sen uso.

O proxecto GeoAtlantic constatou que a cidade de Ourense conta cun grande potencial en materia de xeotermia. Para Gonzalo Pérez Jácome “o proxecto constatou que a nosa cidade, Ourense, mostra un gran potencial en materia de enerxías renovables e en particular do uso da xeotermia para usos calefactados ou de refrixeración de vivendas e empresas”, sinalou esta mañá na apertura dunha xornada divulgativa sobre este proxecto internacional de promoción da xeotermia como fonte de enerxía.

O Concello de Ourense e a Asociación de comerciantes da Praza de Abastos colaboran no desenvolvemento dunha campaña de sensibilización sobre o aceite usado nos fogares, un material que ao marchar polo desaugadoiro pode provocar problemas de cheiros e avarías como custos de xestión nas depuradoras pola necesidade de tratamentos específicos.

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza celebrada na mañá de onte o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de mantemento e mellora das zonas verdes públicas da cidade. A el destinará unha achega de case 1,9 millóns de euros anuais, coa finalidade de acadar unha importante mellora do servizo, que incorporará 12 persoas e dúas brigadas de intervención rápida.