Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Rúa Luís Trabazos

O Concello de Ourense comezou hoxe as obras de conservación e mantemento das infraestruturas viarias municipais con diversas actuacións na rúa Luís Trabazos, no barrio das Lagoas.

O Concello inicia este xoves, 18 de febreiro, os traballos de reposición de firme nas rúas Álvaro Cunqueiro e Ramón Puga, na contorna do Complexo Hospitalario de Ourense.

Gponzalo Pérez Jácome e Gabriel Alén

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, foi recibido esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, para tratar unha axenda de temas importantes para as dúas administracións.

A nova estación de Autobuses de Ourense entrou está en servizo dende o pasado sábado, na rúa Eulogio Gómez Franqueira. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu a posta en servizo da estación de autobuses, no barrio da Ponte, acompañado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Segundo datos da Xunta de Galicia, a nova estación de autobuses de Ourense conta con máis de 7.300 m², 16 dársenas para autocares e un edificio de viaxeiros de máis de 700 m². Ponse en servizo coa previsión de albergar case 80.000 expedicións e 400.000 viaxeiros ao ano. Nas súas instalacións operará un total de 102 liñas de autobús autonómicas e outras 10 nacionais e internacionais.

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome asistiu esta mañá á recepción das obras de humanización e mellora da accesibilidade da rúa de Arias Páez e a súa zona de confluencia. Ao acto de entrega tamén asistiron o interventor do Concello e técnicos da empresa que executou as obras. Os traballos supuxeron un investimento total de 212.743,41 euros (IVE incluído)

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia, este martes 26 de xaneiro, a execución da obra de acondicionamento de espazos na estrada de Vigo, entre os números 85 e 89.

O orzamento desta obra é de 48.252,91 euros, e a actuación consistirá principalmente na mellora dos pavimentos deste barrio do Pino, na marxe esquerda da calzada, aplicando una capa de formigón, mellorando a accesibilidade e ordenando as zonas peonís e de estacionamento.

A duración máxima estímase en dous meses. Mentres duren as obras non se poderá estacionar os vehículos na zona.

Imaxe virtual do plano

O Concello de Ourense presentou no salón de plenos o proxecto de peonalización máis ambicioso para a humanización da cidade.

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará, o próximo luns, 30 de novembro, obras de mellora e rehabilitación de firme en rúas dos barrios de San Francisco e A Carballeira.

As rúas Bonhome e Doutor Fleming serán obxecto de senllos proxectos de humanización por parte do Concello de Ourense. A xunta de goberno local aprobou na súa sesión desta mañá os expedientes para contratar a redacción dos dous proxectos.

Foto da rúa Arias Páez

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta mañá a rúa Arias Páez, no barrio da Milagrosa, onde o Concello executou o proxecto de mellora de accesibilidade por importe de 212.743,41 euros.