Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
Desde a Concellaría de Igualdade decidiuse crear no ano 2006 o Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades para pór en valor o traballo que diversos colectivos, organismos ou persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da (des)igualdade de xénero. É unha forma de incentivar e reforzar o traballo que nesta liña vénse desenvolvendo desde distintos ámbitos (profesionais, asociativos, laborais, de movementos sociais de base, sanitarios, etc.), traballo que, á súa vez, crea referentes e modelos nos seus sectores pero tamén entre a cidadanía, constituíndo, en definitiva, un conxunto de boas prácticas en materia de equidade de xénero e loita contra as violencias de xénero.
Entrégase este premio o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, conmemoración que nos vén a lembrar que a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes aínda é un anhelado obxectivo por alcanzar.
2015 - Anxeles Cuña Babarro (dramaturga, autora e directora teatral). Acta do Xurado (pdf)
2016 - Clubes de fútbol-sala femenino: Ourense Club de fútbol-Envialia e Cidade das Burgas. Acta do Xurado (pdf)
2017 - Julián Pardinas Sanz (fiscal delegado de violencia de xénero). Acta do Xurado (pdf)
2018 - Chus Pato Díaz (feminista, escritora e membro da Real Academia Galega). Acta do Xurado (pdf)
2019 - Ex aequo á profesora, blogueira e investigadora de xénero e igualdade Rosa Mª Cid Galante, e ao CIFP Portovello polo seu traballo continuado en igualdade e loita contra as violencias de xénero. Acta do Xurado (pdf)
2020 - Ex aequo a Dna Mª Antonia Rilo Veiga e a Rede Galega contra a Trata. Acta do Xurado (pdf)