Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación abre, este mércores 16 de xuño, o prazo para preinscribirse nas actividades do programa Concilia Verán 2021, adaptado ao protocolo da COVID 19, e dirixido a escolares de 4 a 12 anos dos meses de xullo a setembro.

Nos meses de xullo e de agosto, o programa desenvolverase en oito centros escolares [CEIP O Couto, CEIP Manuel Luís Acuña, CEIP Vistahermosa, CEIP Irmáns Villar, CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, CEIP As Mercedes, CEIP Prácticas e CEIP A Ponte] e na Aula da Natureza do Río Miño. Esta última estenderá as súas actividades até o inicio do curso escolar (do día 1 ao 9 de setembro de 2021).

As actividades están orientadas á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia, a promover a igualdade de xénero e o respecto ao medio ambiente. Ademais de actividades lúdicas haberá reforzo educativo de matemáticas, lingua e idiomas. A rapazada con necesidades especiais (NEE) recibirá atención personalizada en todos os centros.

PREINSCRICIÓN A preinscrición e a matriculación realizaranse de forma telemática. O prazo vai do 16 de xuño ás 9.00 horas até o 20 de xuño, domingo, ás 24 horas, a farase a través da web: www.educacionourense.es. Unha vez admitida a solicitude, o prazo para formalizar a matrícula será do 23 ao 27 de xuño.

Todas as actividades van dirixidas a escolares de 4 a 12 anos (4º de EI, rematado este ano, ata 6º de EP). Terá preferencia a rapazada de pais e nais que estean en activo e empadroada no Concello de Ourense.

Horarios:

  • Centros escolares e Aula da Natureza, de 8.00 a 14.30 horas.