Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación entregou, esta mañá, os premios do IX Certame de Microrrelato, unha iniciativa ao abeiro da Semana das Letras Galegas 2021. O obxectivo principal deste certame é o de fomentar o uso da lingua galega a través da capacidade creativa dos escolares da nosa cidade, e este ano o motivo dos relatos foi: “As cores de Galicia”.

Presentáronse un total de 22 traballos escritos por alumnas e alumnos de 5º e de 6º curso de Educación Primaria de tres centros de ensino: CEIP As Mercedes, CPR Divina Pastora e CEIP Amadeo Rodríguez Barroso.

O xurado único estivo formado pola escritora galega de literatura infantil e xuvenil Érica Esmorís, que acordou establecer os seguintes premios:

• 1º premio para Carmen Rodríguez Vila, de 5º curso de Educación Primaria do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, polo seu traballo titulado As lembranzas da miña avoa

• Mención especial do xurado: Sarela García Gil, de 5º curso do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, polo seu traballo titulado As cores do saber

O concelleiro de Educación, Armando Ojea, asistiu á entrega dos premios no CEIP Amadeo Rodríguez Barroso xunto á coordinadora da actividade, Isabel Doval, un acto no que as gañadoras fixeron lectura dos seus relatos.

 

AS LEMBRANZAS DA MIÑA AVOA, de Carmen Rodríguez Vila

Antes de que a miña avoa perdese a memoria contábame moitas veces como recordaba a súa terra. Lembraba que cando era pequena vivía nunha aldea con moitas árbores onde os paxaros facían os seus niños, cun río de auga cristalina no que se bañaban ela e os seus irmáns. Tamén estaban moi presentes as fragas e os soutos na súa vida. Esa cor verde tan típica de Galicia era un recordo inesquecible na súa memoria. O azul do mar, as brancas montañas nevadas, os bosques frondosos. Anos despois decidín facer un debuxo coas paisaxes que a miña avoa me describira naqueles atardeceres que pasaba ao seu carón, tan lonxe de Galicia. Sei que sentía unha inmensa morriña recordando cada un dos lugares nos que vivira durante unha boa parte da súa vida. Cando lle levei o meu debuxo, a pesares de que non me recoñeceu, enchéronselle os ollos de bágoas coa emoción. Penso que viñeron á súa memoria todas esas cores presente na súa infancia. As cores de Galicia. É o último recordo que teño da miña avoa.
AS CORES DO SABER, de Sarela García Gil

Fai tempo vivía
a Fada das Cores,
que lle gustaba moito
camiñar polas flores.
A ela gustáballe
maquillar o mundo,
e pintaba e pintaba
con moito gusto.
Quería sabelo todo
e todo queríao saber;
canto podía preguntaba
para máis aprender.
Cada pregunta,
moitas respostas,
que coloreaba
nun cadro, absorta.
Pensou nunha boa pregunta
e apresurouse a preguntar,
cada animal que atopaba
unha resposta diferente tíñalle que dar.
A súa pregunta era:
¿Que é Galicia?
Un rato respondeulle tradición
e un moucho ledicia.
Unha serpe esperanza,
unha bolboreta amizade,
un raposo axuda,
-o noso fogar - respondeulle un ave.
Contenta, a fada
voou cara o seu fogar,
colleu as súas pinturas
e púxose a debuxar.
Quedoulle unha
beleza de cadro,
o laranxa e o amarelo
dábanlle moito encanto!
Verde, rosa,
azul e marrón.
Esas cores eran
boas para o corazón!
Colgouno na parede
do seu vello carballo,
a súa pregunta
escribiuna debaixo.
E esta é a historia
da Fada das Cores,
fada boa
que pintaba amores.
Hai moitas preguntas
e aínda máis respostas
que nun cadro son
unha gran obra.
 

A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense abre o prazo de preinscrición para o vindeiro curso do 11 ao 21 de maio do 2021 a través da web educacionourense.com

Acto de entrega dos premios

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu, esta mañá a entrega dos premios da sétima edición do Certame Literario Relatos de auga intelixente, destinado a escolares entre 12 e 17 anos.

Antía Yáñez co alumnado do CEIP Seixalbo

A escritora Antía Yáñez achegouse ao CEIP Seixalbo esta mañá para participar na última das sesións do programa de fomento da lectura 'Encontros coa autora', organizado pola Concellería de Educación, no que participaron preto de 1.000 escolares.

A Concellería de Educación, con motivo da celebración do Día do Libro -o 23 de abril- desenvolverá obradoiros dirixidos ao alumnado de 2º curso de Educación Primaria para achegar a ilustración ao público infantil utilizando a técnica do collage.