Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

Polideportivo da Carballeira

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense aprobou por unanimidade na súa xuntanza deste mediodía o proxecto básico e de execución de acondicionamento do polideportivo municipal da Carballeira.

O alcalde recibe as federacións española e galega de hóckey.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos ás directivas das federacións galega e española de hóckey, que lle agradeceron a súa receptividade e apoio, especialmente coa reforma do campo de Mariñamansa.

As instalacións do spa do Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios reabriranse despois de Semana Santa como espazo dedicado a clases e actividades asistidas de natación.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá cos representantes do C.D. Palmés, Emilio Fernández e Martín Fernández, aos que lle deu a coñecer os proxectos deportivos que o Concello de Ourense ten previsto realizar na localidade de Palmés, como é o caso da reforma do campo de fútbol, onde se mellorarán as instalacións e se dotará de céspede artificial, “para o uso e desfrute de todos, pois do que estamos falando é da dotación dunha nova infraestrutura para tódolos veciños de Ourense”, matizou o rexedor.

Exterior Os Remedios

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense remodelará as canchas deportivas exteriores do Pavillón dos Remedios cun investimento de 240.000 euros.

Esta mañá presentouse no salón de plenos do Concello de Ourense o Campionato Galego de Kickboxing 2021, organizado pola Federación Galega de Kickboxing.

Os días 20 e 21 de marzo celebrarase no Pavillón Municipal dos Remedios este campionato nas especialidades de TATAMI SPORT (contacto lixeiro), para as categorías infantil, xuvenil, cadete, junior y senior, e RING SPORT (contacto pleno) nas categorías junior y senior.

Participarán un total de 203 deportistas, 43 clubs e haberá representación das 4 provincias galegas

O campo de fútbol de Vilar de Astrés loce renovada imaxe logo das obras de remodelación executadas polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. O alcalde e presidente do CMD, Gonzalo Pérez Jácome inaugurou esta mañá o equipamento municipal

Pavillon dos Remedios

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abre desde o día 11 de marzo o prazo para achegar solicitude e documentación para participar no procedemento de confección de listaxes de Conserxe de instalacións deportivas do Consello Municipal de Deportes.

As persoas interesadas poden achegar a solicitude coa documentación no Rexistro do Consello Municipal de Deportes, na rúa de Pardo de Cela, número 2 ou na Sede electrónica do CMD Sede electrónica CMD

 

 

Logo do CMD

O Consello Municipal de Deportes (CMD) do Concello de Ourense abre prazo de inscrición nas listaxes, desde o martes, 2 de marzo, para o posto de persoal Técnico de Administración Xeral (TAX), e dende o mércores, 3 de marzo, para o posto de Auxiliar Administrativo (AAdtvo).

O Pavillón de Deportes de Os Remedios volverá abrir as súas portas a partir do vindeiro luns, 1 de marzo, adaptando o seu aforo ao 30% que autoriza a nova normativa sanitaria,