Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Cartel da obra de teatro Perplexo

A compañía ourensá ilMaquinario teatro presentou esta mañá no Auditorio Municipal as tres funcións da súa obra 'Perplexo', que terán lugar este venres -para escolares ás 11:30 horas e para todos os públicos ás 20:30 horas- e sábado -ás 20:30 horas, para todos os públicos-. Partindo dun dos últimos textos do dramaturgo alemán Marius Von Mayenbug, a compañía constrúe unha delirante comedia sobre a dificultade de atoparnos a nós mesmos na sociedade actual. O espectáculo, dirixido por Tito Asorey, foi galardoado con cinco premios María Casares no ano 2015: Mellor Espectáculo, Dirección, Iluminación, Vestiario e Tradución/Versión.

Cartel do Ciclo de Lírica no Teatro Principal

A gran mezzosoprano española Ana Ferrández ofrecerá un recital en Ourense baseado en canción española, opereta e ópera. O seu concerto, que terá lugar este venres ás 20:30 horas no Teatro Principal, xerou gran expectación entre os fans de ópera en Galicia, xa que é unha das estrelas actuais da ópera internacional. Trátase dunha das figuras que compoñen o cartel do Ciclo de Lírica 2016 organizado polo Concello de Ourense.

Presentación da exposición "Prego, 100 anos"

Os organizadores da exposición 'Prego: 100 anos' abren este mércores a segunda e última fase de catalogación da Obra de Prego de Oliver. Este chamamento, dirixido a todos aqueles propietarios, coleccionistas ou galeristas que posúan obras do autor ourensán e desexen ter a súa obra catalogada.

Belén de Baltar

O Concello de Ourense, en colaboración coa Asociación de Belenistas de Ourense, convoca o XXI Concurso de Beléns Públicos con tres categorías: unha para asociacións sen ánimo de lucro e establecementos comerciais debidamente acreditados, beléns instalados nos domicilios particulares e alumnado de ensino non universitario.

Cartel da XVII Semana Audiovisual do Club Alpino de Ourense

O Auditorio municipal acollerá, do 21 ao 25 de novembro, a décimoitava edición da Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán”, presentada o venres, 18 de novembre,  coa presenza da concelleira de Cultura, Belén Iglesias. Co patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, o programa centrarase en compartir “emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas”, segundo os seus organizadores.

A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección dos carteis anunciadores da festividade de Samaín e dos Magostos, de acordo ás seguintes bases: