Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Cuarteto Attacca

O cuarteto de corda Attacca actuará o mércores un de febreiro no Teatro Principal, dentro do IV Ciclo de Música de Cámara “Enclave de Cámara”. Os músicos ofrecerán un repertorio baseado en obras de Ludwig van Beethoven, Franz Shubert y Caroline Shaw.

Presentación de "Resaca" de iLMaquinario

A compañía ourensá iLMaquinario Teatro vén de presentar no salón de plenos do Concello de Ourense a súa última proposta escénica, Resaca, que se estrea o xoves, 26 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. A obra, dirixida por Tito Asorey, pretende “pórlle freno á velocidade da sociedade actual, que tira sempre para adiante”, en palabras do seu director, e “celebrar a fin de festa”. E faino con diferentes linguaxes sobre o escenario: poesía, performances, música... “Unha proposta multidisciplinar”, segundo o alcalde, Jesús Vázquez, “que permitirá aos espectadores sorprenderse, emocionarse, vivir”.

Presentación da X edición do Festival Pórtico do Paraiso

A décima edición do Festival “Pórtico do Paraíso” encherá, unha vez máis, de música clásica a provincia de Ourense do día 3 ao 12 de marzo, cun programa con concertos a cargo de agrupacións non só de Galicia e España, senón tamén chegadas de lugares como Inglaterra, Hungría, Palestina, República Checa ou Francia.

Páxina web de Youtubeir@s

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu a presentación na cidade o Concurso Youtubeir@s, unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Cartel da programación do Auditorio

O Auditorio Municipal de Ourense vén de presentar a súa oferta cultural para os primeiros meses de 2017. Unha programación na que as artes escénicas -con estreas de diferentes compañías- e a música conforman unha proposta diversa e plural pensada para todos os públicos, pero especialmente para os máis pequenos.

Presentación da exposición "Prego, 100 anos"

A exposición Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica, dentro do proxecto expositivo 'Prego, 100 anos', seguirá aberta até o vindeiro domingo 26 de febreiro na sala Valente. Foi o éxito de asistencia -foron 13.500 os visitantes desde a súa inauguración, ademais de 900 escolares de entre 3 e 16 anos repartidos 36 visitas- así como a excelente valoración dos visitantes, especialmente durante o proceso de catalogación da súa obra, a que levou o goberno municipal a tomar esta decisión.

Entrega dos premios do Concurso de Beléns 2016

O xurado do XXI Concurso de Beléns Públicos de Ourense vén de decidir os nomes dos gañadores nas diferentes categorías do certame, ao que se presentaron 22 propostas dentro da cidade. Segundo establecen as bases do concurso, estes beléns estarán á vista ou abertos ao público en escaparates, vitrinas, mostradores, recunchos, etc.

Escaparate de La Ratita Presumida

O Salón de Plenos do Concello acolleu a entrega dos premios do 27 Concurso de escaparates de Nadal, organizado pola Concellería de Cultura en colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense. O acto contou coa presenza do alcalde, Jesús Vázquez, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, o vicepresidente da Cámara de Comercio, Antonio Villaverde e de Rafael Luaña en representación de Hoteis Caldaria.

Cabalgata dos Reis Magos

A campaña de Nadal Ourense con Luz Propia chega á súa fin este xoves 5 coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis e, ao remate e por vez primeira, cun innovador espectáculo de fogos artificiais nas marxes do río Miño a cargo da pirotecnia Josman. As súas maxestades chegarán á estación de tren Empalme ás 18:00 horas, e desde alí iniciarán un percorrido polas rúas da cidade atravesando a avenida das Caldas, a ponte Romana, Progreso, e Doutor Marañón para, ás oito do serán, facer a entrada na Praza Maior.

Logo de Ourencanto

Os días 4 e 5 de febreiro Ourense acollerá o programa Ourencanto, unha iniciativa que pretende achegar o mundo coral a todos os mozos de 8 a 18 anos da cidade e da provincia de Ourense. Serán unhas xornadas de participación e convivencia, rematadas con un gran concerto no Auditorio Municipal de Ourense, baixo a direción artística do prestixioso director e compositor Josu Elberdin, quen arranxou, especialmente para Ourencanto, unha coñecida melodía galega, que será estreada no concerto de clausura.