Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Auditorio Municipal

A programación do Auditorio de Ourense ten esta semana un marcado acento inglés: Romeo y Julieta de bolsillo, unha revisión en clave de humor sobre a obra do dramaturgo William Shakespeare; e o espectáculo Doctor Queen, tributo á banda liderada por Freddie Mercury. Son os pratos fortes dunha semana que se pechará coa xa clásica cita do domingo ás 12:00 horas con Móbil, unha proposta de novo circo para os máis cativos.

Auditorio Municipal

O teatro, a música e as actividades para bebés centrarán a oferta cultural programada polo Concello, no Auditorio Municipal, para esta fin de semana. Para todos os espectáculos previstos, a venda de entradas estará habilitada na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4) e na propia billeteira do Auditorio, así como en www.ataquilla.com.

Presentación do mural de Prego de Oliver para o antigo cine Mary

A exposición, "Prego de Oliver e a captación do eterno. O óleo como materialización da súa plástica" rematou o 26 de febreiro. Non obstante, o Centenario continúa as súas actividades cunha nova xornada de portas abertas para celebrar a terceira e última Fase de Catalogación de obras de Prego.

Presentación do concerto de Chenoa no Auditorio

A cantante Chenoa presentará no Auditorio de Ourense o seu disco "Soy Humana" o sábado, 18 de febreiro, ás 20,00 horas, cun concerto que promete ser "moi interactivo" e ao que chega "con ganas de coñecer" a cidade.

Presentación da programacion do Entroido 2017

“O Entroido é unha das actividades máis subversivas e divertidas do ano”. Así comezaba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, a presentación do programa do Entroido 2017, o 15 de febreiro no salón de plenos do Concello de Ourense.

Presentación do roteiro adicado a Carlos Casares, en Ourense.

O Concello de Ourense volcarase este ano na celebración do Día das Letras, dedicado ao fillo predilecto da cidade, Carlos Casares. A concelleira de Cultura e Educación, Belén Iglesias, participou, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na presentación do programa de actividades que ao longo deste ano lle renderán homenaxe en Galicia ao escritor ourensán.

Presentación do mural "La Cacería" de Prego de Oliver

Cacería, o mural que Manuel prego de Oliver pintou en 1946 para o cine Mary, poderase contemplar na sala Valente logo dun minucioso proceso de recuperación. Da primeira época do artista, trátase dunha obra complexa de conxunto, narrativa e dirixida a un espazo público (tardaría oito anos máis en volver facer un mural, para a estación de tren do Carballiño).

Parte do cartel do Entroido 2017

A artista afincada en Ourense, Isabell Seidel, foi a gañadora do Concurso de Carteis do Entroido 2017. O xurado elexiu o 8 de febreiro por unanimidade esta proposta de entre 24 participantes.

Cartel do Entroido 2016

A xunta de goberno do xoves dous de febreiro aprobou as bases e a convocatoria do Concurso de Entroido 2017, que contará cun orzamento de 16.000 euros. O prazo de inscrición de comparsas remata o martes, 21 de febreiro, ás 14,00 horas. Haberá un premio de 600 euros para o Rei ou Raíña da Festa.

Logo de Ourencanto

O concerto final do programa Ourencanto, un programa que espallou o gusto pola música coral á mocidade de entre 8 e 18 anos de toda a provincia, celebra este domingo ás 19:00 horas o seu concerto final. Sobre as táboas do Auditorio Municipal haberá 370 participantes cantando ao mesmo tempo e interpretando unha coñecida melodía galega elaborada ad hoc polo director do coro, Josu Elberdin, “o compositor para nenos máis recoñecido a nivel internacional”, en palabras do organizador do programa, Carlos Núñez.