Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Madamitas no San Lázaro

A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 2 de abril, a tradicional festa de San Lázaro, que cada ano, quince días antes da Semana Santa, marca a benvida da primavera.

Jesús Vázquez na reunión con Fran Gayo

O alcalde, Jesús Vázquez, e o director do OUFF, Fran Gayo, mantiveron unha reunión para planificar os avances da edición deste ano. Tal e como ambos puxeron de manifesto, estase a traballar na captación de colaboradores para o certame.

"Sweet California"

As Festas de Ourense 2017 xa teñen a súa primeira confirmación. O trío "Sweet California" actuará no Xardín do Posío para achegar ao público ourensán o mellor do seu repertorio. Está formado por, ata agora, tres álbums que acumulan éxito tras éxito nas listas de vendas, discos de ouro e platino, con máis de 100.00 copias vendidas, que converten a este grupo pop feminino nun dos maiores fenómenos musicais da actualidade no noso país.

A compañía vasca Kulunka representa "Solitudes"

A compañía vasca Kulunka, especializada en máscara expresiva representará mañá, xoves, ás 20:30 horas a súa última produción “Solitudes”, na sala principal do Auditorio. Esta é unha historia que, a través do humor, afonda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia.

Presentación de The Hole

O aclamado espectáculo “The Hole” chega ao Auditorio Municipal de Ourense, con 6 representacións, desde o 30 de marzo ata o 2 de abril nas que amosará a súa exitosa combinación de circo, burlesque, cabaret, música e humor.

Auditorio de Ourense

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta semana, por terceiro ano consecutivo, catro espectáculos do Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino. As obras “Medea” e “Hécuba” de Eurípides e “Pseudolus” de Plauto, esta en 2 ocasións, serán representadas ante 2.740 alumnos e alumnas de centros educativos galegos.

Lali Ayguadé.

O festival de danza e artes do Corpo de Ourense Corpo(a)Terra xa ten datas de celebración: Será do 4 ao 14 de xullo, cando as rúas da cidade volvan encherse de arte e de xente. Para esta edición, o festival contará coa presenza da compañía Lali Ayguadé, de renome internacional. A súa contratación realizouse no marco da Rede Nacional de Festivais de Danza Acieloabierto, de cuxa directiva é integrante o Corpo(a)Terra.

Cartel do Premio de Poesía Cidade de Ourense

O Concello de Ourense vén de abrir a convocatoria da 33 edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, un dos máis antigos e importantes de Galicia, e que ten unha dotación de 6.000 euros. A convocatoria está aberta a traballos presentados en galego ou portugués.

Presentación da exposición de Patricia Fernández

Ene A. Natureza Asimétrica é o título da exposición de Patricia Fernández Paz, a terceira xa na cidade de Ourense, que se poderá visitar no Auditorio Municipal até o vindeiro 9 de abril.

Programación do Auditorio

O Auditorio vén de presentar o menú para os meses de marzo e abril, no que destacan como ingredientes principais o teatro e a música, sazonados con grandes doses de humor.