Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Auditorio Municipal

O Auditorio de Ourense, recoñecido pola Rede Galega de Teatros e Auditorios coma o espazo máis activo de Galicia, vén de presentar a programación para os meses de maio e xuño. Unha proposta “para todos os públicos e para todas as idades”, dixo a concelleira Belén Iglesias, “que quere liderar a oferta cultural da cidade e do conxunto dos espazos expositivos galegos”, dixo.

Presentación da exposición "Os mundos de Carlos Casares"

A sala Valente acollerá a primeira parada da exposición itinerante 'Os mundos de Carlos Casares', unha oportunidade de coñecer a faciana literaria, pero tamén humana, con máis de 500 pezas entre as que se poderán contemplar imaxes da infancia, notas manuscritas de Vicente Risco, un cinematógrafo con bobinas orixinais do autor, recortes de prensa, ou seu certificado de voda.

Presentación do Concerto do Día das Letras Galegas

O Día das Letras 2017 réndelle homenaxe a un fillo predilecto da cidade, Carlos Casares Mouriño, e desde o Concello de Ourense perfílase unha programación de altura con motivo desta celebración, achegando esforzos con entidades e institucións para dotar 2017 cun amplo programa de actividades culturais, para todos os públicos, e abranguendo todo tipo de manifestacións artísticas, que faga do presente o ano de Carlos Casares.

Libros

O Concello de Ourense conmemorará o Día do Libro (23 de abril) coa instalación dunha carpa na rúa do Paseo -no primeiro tramo desde o Parque de San Lázaro- para a venda de Libros por parte das librarías da cidade. Será o vindeiro luns día 24 de abril, desde as 10.30 ata as 21.00 horas.

Cartel da MITEU 2017

Natureza propia, a nova creación de Sabela Gago para Rosaura, a Aula de Teatro Universitario de Galicia, abrirá este xoves 20 de abril (desde ás 19:00 horas na praza de San Martiño) a vixésimo segunda edición da MITEU. No programa, un total de 30 espectáculos de diferentes e diversas disciplinas da expresión escénica, desde o circo ata a danza, pasando pola música e, como non, polo teatro máis clásico.

Foucellas

Logo dunha intensa semana co espectáculo de cabaret de The Hole, o Auditorio Municipal retoma a súa actividade habitual cunha mestura de teatro para todas as idades, humor e música para os máis cativos da casa. Entre os encargados de darlle vida á programación desta semana atopamos nomes coma os de Touriñán, Ledicia Sola e David Amor en Amigos ata a morte; a Magín Blanco coa súa Banda das apertas, ou os responsables de Talía Teatro, que veñen de acadar un recoñecemento á mellor escenografía na gala dos María Casares por Foucellas.

Juan Pérez Floristán

Logo do Festival Pórtico do Paraíso, a música volta cun un dos concertos máis esperados da tempada o ciclo Enclave de Cámara. Unha das grandes promesas da música clásica actual, o pianista sevillano afincado en Berlín Juan Pérez Floristán. O protagonista do día impartirá ademais, ás 16 horas no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, unha charla para o alumnado do mesmo e público xeral.

Concurso cartel dos Maios

Na Xunta de Goberno Local do 30 de marzo, aprobáronse as bases do concurso para o deseño do cartel dos Maios 2017. Nos próximos días, publicarase o anuncio que de comezo ao prazo oficial de entrega de propostas, o cal permanecerá aberto durante 20 días. Este premio ten unha dotación de 800 euros.

Programación do Auditorio

O Concello de Ourense presentou no salón de plenos, “a xoia da coroa de Cultura, a programación infantil do Auditorio”, segundo avanzou a súa titular, Belén Iglesias. Nos meses de abril, maio e xuño, o Auditorio ofrecerá un total de 12 espectáculos pensados para público desde os 0 anos e que veñen evidenciar “a boa saúde da que gozan as actividades organizadas no Auditorio”, segundo Iglesias Cortés.

Visita de 50 estudantes da Universidade de A Coruña

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, recibiu no salón de plenos do Concello a medio centro de estudiantes da materia “Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio”, do grao de Socioloxía da Universidade da Coruña, e ao seu profesor Valerio González. Como parte das súas prácticas, realizan esta visita urbanística á cidade de Ourense.