Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Concurso de Pintura rápida nas rúas de Ourense

Capturar a arte das rúas de Ourense e plasmala sobre o lenzo e na cámara de fotos é o obxectivo da terceira edición dos concursos de Pintura Rápida e do Maratón de Fotografía Cidade de Ourense, que se celebrarán as vindeiras fines de semana (27 de maio e 3-4 de xuño respectivamente) na cidade. Con preto de 5.000 euros de premios en metálico, as dúas actividades concíbense coma o mellor xeito de darlle visibilidade á arte urbana e de dinamizar a vida cultural en Ourense.

Arizona Baby

As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación co Enofestival Ourense 2017, que se celebrará o día 1 de xullo, de 20:30 a 00:30 horas no Bulevar Termal de As Burgas. O certame márcase como obxectivo promocionar a cultura do viño, contando coa presenza de adegas e colleiteiros/as da provincia de Ourense, cun perfil definido: viñosauténticos, de "autor", deses que "namoran" ao consumidor, que priman o respecto ao viñedo e utilizan os métodos máis tradicionais, apoiados nas novas tecnoloxías.

Cartel de Os mortos daquel verán

A representación de “Os mortos daquel verán”, abrirá o venres 12 de maio, o programa de actividades organizadas polo Concello de Ourense con motivo da Semana das Letras Galegas, en homenaxe ao escritor ourensán Carlos Casares.

Xabier Casares, Belén Iglesias, Jesús Vázquez

O Concello de Ourense vén de presentar a batería de actividades coas que queren poñer en valor a figura de Carlos Casares co gallo do Día das Letras 2017. “Unha forma de divulgar as moitas facianas do homenaxeado das Letras Galegas, e unha forma, tamén, de amosar unha parte de nós, como ourensáns, que Carlos Casares levou sempre con moito orgullo”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Convocatoria do concurso do cartel das Festas de Ourense 2017

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección do cartel anunciador das Festas de Ourense 2017. As bases foron aprobadas na Xunta de Goberno Local do pasado xoves día 27 de abril.

Presentación do programa dos Maios

A rúa do Paseo será unha romaría este domingo coa tradicional celebración dos Maios, declarada Festa de Interese Turístico. As actividades, presentadas en rolda de prensa no Auditorio coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, da concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e da técnica da Concellería, María Díaz, inclúen todos os elementos dunha romaría: maios, coplas, actuacións de grupos de gaitas e actividades para os máis pequenos.

Iván Ferreiro

Iván Ferreiro tocará en vivo nas Festas de Ourense. O concerto, gratuito, será na Praza Maior o sábado 24 de xuño a partir das 22:30 horas, nada máis remate a lectura do pregón que dará inicio ás Festas de Ourense 2017, e que se prolongarán ata o 2 de xullo

Presentación da Piano Meeting, na Praza Maior

O Concello de Ourense presentou o Piano Meeting, unha novidosa actividade que encherá de música de piano a finais do mes de setembro. De 12:00 a 20:00 horas, catro pianos emprazados noutros tantos lugares senlleiros da cidade (As Burgas, o Xardín do Posío, o Parque de San Lázaro e a Praza Maior) serán tocados sen descanso por, cando menos, 60 pianistas -profesionais ou afeccionados-, rematando cun gran concerto final na Praza Maior.

Praza Maior de Ourense

As previsións de chuvia e mal tempo para este sábado obrigan a aprazar a proxección de A lección, este sábado na Praza Maior (escalinatas de Santa María Nai).

Logo de Youtubeir@s

O venres 28 de abril é o último día para participar na primeira edición de Youtubeir@s -Concurso de vídeos na Rede. Esta iniciativa pretende fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada do mundo, Youtube, a través de dúas categorías, vídeo-opinarmos e vídeo-facermos. Poden participar tódalas persoas maiores de 14 anos con vídeos de ata cinco minutos de duración. Hai 4.000€ en premios que se repartirán entre as persoas gañadoras nun acto de celebración o venres 26 de maio ás 20.00h no Teatro Principal de Ourense.