Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Cartel das Festas do Corpus 2017

As Festas de Ourense 2017 xa teñen cartel anunciador. Das cinco obras sometidas a votación popular, a gañadora resultou ser “Auga, Pedra, Fogos e Frores”, de Manuel Caride. Das 1.794 persoas que votaron polo cartel gañador, 618 elixiron esta obra.

Carteles finalistas para as Festas do Corpus 17

O Concello de Ourense presentou a programación de concertos das Festas de Ourense, unha carteleira na que se conxugan diferentes estilos musicais, artistas e sensibilidades.

Logo de Youtubeir@s

Youtubeir@s xa ten gañadoras. Un videotitorial de como facer un guiso Anti-San Valentín e un vídeo sobre o conflito da praga da couza guatemalteca fanse cos premios desta primeira edición de Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede.

Logo de Youtubeir@s

O venres 26 de maio ás 20.00 horas terá lugar no Teatro Principal de Ourense a Entrega de Premios de Youtubeir@s -Concurso de vídeos na Rede. O acto será presentado pola actriz e cómica Iria Pinheiro, contará co monólogo “E non te esquezas da miniatura!” a cargo de Iñaki Quenerapú e coa mestura en directo de tódolos vídeos participantes nesta edición da man da vídeo-DJ Marta Verde.

Concurso de Pintura rápida nas rúas de Ourense

Capturar a arte das rúas de Ourense e plasmala sobre o lenzo e na cámara de fotos é o obxectivo da terceira edición dos concursos de Pintura Rápida e do Maratón de Fotografía Cidade de Ourense, que se celebrarán as vindeiras fines de semana (27 de maio e 3 - 4 de xuño respectivamente) na nosa cidade. Con preto de 5.000 euros de premios en metálico, as dúas actividades concíbense coma o mellor xeito de darlle visibilidade á arte urbana e de dinamizar a vida cultural en Ourense.

Burning

As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación musical cunha das bandas máis populares e lonxevas do panorama rock nacional: Burning, que actuará o día 28 de xuño na Praza Maior. A lendaria banda de rock madrileña cumpridos xa os seus seus primeiros 40 anos de traxectoria chega a Ourense liderada por Johnny Burning (voz e teclado), con Kacho Casal na batería, Carlos Guardado no baixo e coros, Eduardo Pinilla na guitarra), Nico Álvarez na guitarra e coros, e Maykol Slingluff (no saxo), sempre a ritmo de rock & roll.

La edad de oro del pop español

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda formada por Alberto Comesaña (ex líder de Semen Up e Amistades Peligrosas), Joaquín Padilla (cantante de Iguana Tango), Pablo Perea (La Trampa) e a cantante e actriz Chus Herránz, acompañados por unha excelente banda de 4 músicos do máximo nivel.

Presentación do libro catálogo sobre Prego de Oliver

O 18 de maio tivo lugar, no salón de plenos do Concello de Ourense, a presentación do libro-catálogo Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital, dos autores Francisco Javier Limia Gardón e Natalia Figueiras Pimentel.

Páxina web de Ourense Cultura

O Concello de Ourense iniciará o sábado 27 de maio unha nova proposta de lecer para as fines de semana: “Noite de cine na rúa”, un ciclo de 4 proxeccións dunha escolma de películas de cine internacional que se realizarán os sábados ás 22:00h na Praza Maior (escalinata de Santa María Nai) e no bulevar termal das Burgas.

Presentación do concerto do Consello da Cultura Galega en Ourense

O Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración co Concello de Ourense, unha nova edición do Concerto das Letras Galegas que nesta ocasión viaxa á cidade auriense como homenaxe a Carlos Casares. A Real Filharmonía de Galicia e o Coro novo da Orquestra Sinfónica de Galicia interpretarán un programa integrado por música galega no que se vivirá a estrea absoluta da obra A formiga, do compositor Rubén Vizcaíno.