Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Para a campaña “Un libro desconfina a túa imaxinación” do ano 2021 inscribíronse un total de 38 librarías do Concello, tres máis que na campaña do ano 2020. O nome das librarías pode consultarse na web libros.concellodeourense.es

Un libro desconfina a túa imaxinación é unha campaña en forma de subvencións en especie para adquisición de libros con destino a nenos e nenas nados no ano 2003 en adiante e empadroados no Concello de Ourense. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros -se supera esa cifra, a diferenza deberá ser achegada polo/a interesado/a- que poderá retirar nas librarías que se adhiran á campaña.

As adquisicións de libros realizaranse dende o 23 de xuño de 2021 ata o 14 de agosto de 2021. Para estes efectos, deberá realizar unha solicitude a través desta web habilitada ao efecto onde hai unha listaxe dos establecementos participantes na campaña. Unha vez cubertos os datos requiridos enviarase un código alfanumérico que se deberá presentar, xunto co NIF, no establecemento.