Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense aprobou, en xunta de goberno local, as bases e convocatoria para a concesión de subvencións en especie para adquisición de libros con destino a nenos e nenas nacidos no ano 2003 en adiantee empadroados na cidade de Ourense. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros -se supera esa cifra, a diferenza deberá ser achegada polo interesado- que poderán retirar nas librarías que se adhiran á campaña.

As adquisicións de libros realizaranse dende o 23 de xuño de 2021 ata o 14 de agosto de 2021. Para estes efectos, deberá realizarse unha solicitude a través dunha web habilitada ao efecto onde haberá unha listaxe dos establecementos participantes na campaña -estes deberán presentar unha solicitude de participación perante o Concello de Ourense con data límite do 15 de xuño de 2021-. Unha vez cubertos os datos requiridos enviarase un código alfanumérico que deberá presentar, xunto co NIF, no establecemento.

O Concello dálle continuidade así á campaña realizada de forma pioneira o pasado verán, coa que máis de 8.470 nenos e nenas recibiron este agasallo como premio aos seus esforzos durante o confinamento e durante o curso escolar.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asegura que a primeira edición foi “unha iniciativa tremenda para o pequeno comercio, boa para os libreiros, boa para fomentar a lectura”, e subliña que “moitos pais que levan os nenos á libraría acaban por comprar tamén outro para eles, e toman fidelidade cos comercios e volven, ocasionando un maior tráfico nas librarías locais que non se deu noutras cidades”.

“Un libro desconfina a túa imaxinación” desenvolveuse do 1 de xullo ao 14 de agosto de 2020, e participaron 35 librarías e papelarías da cidade.